[A Corunha] Prohibida XI Marcha á prisión de Teixeiro e convocada outra para o 8 de xaneiro.

A subdelegación do goberno da Coruña decidiu prohibir a convocatoria da Marcha ó cárecere de Teixeiro que dende hai once anos realízase o sábado anterior ó día de Nadal.

betanzos

Como recibímos a prohibición un día antes do evento, un grupo de nós foi ó lugar da convocatoria para avisar ós que non puideron enterarse. Varios controis dos antidisturbios da garda civil imposibilitaban chegar ó lugar sen ser identificado, pero fomos quen de avisar ó personal e facer unha asamblea de urxencia entre a veintena longa de persoas que chegaron alí (moita xente, a maioría, sabía da desconvocatoria e quedaron na casa). Acordamos adiar a marcha para o día 8 de xaneiro ás seis da tarde e decidimos, para non irnos coas mans baleiras, facer unha pequena protesta nos xulgados de vixiancia penitenciaría de Betanzos. Algúns desprazáronse ata alí e despregaron unha pancarta, ó marchar unha pintada co lema “O cárcere agocha os erros do sistema. Abaixo os muros de Teixeiro”(case o mesmo que na pancarta) dignificaba a fachada de tan infame edifcio. Cinco carros da garda civil axiña chegaron ó lugar para ficar cun palmo de narices. Pequenas vinganzas que non respostan ó golpe pero mitigan a dor.

Na marcha do ano pasado non só apareceron pinchadas as rodas de vinte coches dos asistentes, se non que, ainda por riba, puxeron ducias de multas ós participantes (ós que previamente identificaran nun control de carreteira e algún que, sin ser identificado de maneira algunha, foi multado do mesmo xeito). Tras numerosos recursos a cuantía inicial das multas, cincocentos euros, rebaixouse a trescentos e o número de personas sancionadas tamén se reduciu considerablemente sen que fique claro o por qué. Máis de dez procesos continuan a día de hoxe. Foi por estes motivos que este ano decidiuse legalizar un evento que ata o de agora fixérase sen autorización algunha. Pensamos que deste xeito ofrecíamos os participantes un mínimo de garantía, asumindo os organizadores as posibles consecuencias legais da protesta. Erro garrafal ó noso. Fica claro que os cauces legais son exclusivos do inimigo, pois coa ilegalización que sufrimos este ano o risco para os participantes acentuábase (con posibles cargos de desobediencia, que é un delito penal, a engadir ás sancións por desordes) e facían case segura unha carga policial só con iniciar a marcha. Esa foi a razón da desconvocatoria.


Eles queren que os seus campos de exterminio, agochados no medio do monte, fiquen ocultos á población. Temen a visibilización da inxustiza estructural que supón a cadea. Por iso lánzanse a impedir o movemento de solidariedade para cos reclusos. Pretenden que as mortes e palizas no cárcere queden impunes aplastando calquera mostra de apoio coas vítimas da súa inxustiza.

Agora é máis importante que nunca, non deixes que rematen coa solidariedade cos oprimidos e a condena da opresión que significan as marchas a Teixeiro. O cárcere aniquila ó individuo e destrúe soños.
O sábado 8 de xaneiro ás 18:00h na gasoliñeira do polígono de Teixeiro (km 663 da N634, entre Curtis e Guitiriz), non poderán calarnos:

¡¡¡ABAIXO OS MUROS DAS PRISIÓNS!!!

http://abordaxerevista.blogspot.com