Durante a primeira semana de xuño diversos movementos sociais farán un chamamento á movilización contra as deportacións masivas de inmigrantes patrocinadas desde a UE.
Cada día, centos de persoas, refuxiadas e inmigrantes, son deportadas por facer o que os seres humanos levan facendo durante milleiros de anos: trasladarse na procura dunha vida mellor. Fuxindo da pobreza, abusos, discriminación, persecucións, guerras e calquera outra razón que menoscabe a súa integridade.
A paradoxa é que a orixe de moitos destes problemas podemos atopalos deste lado da fronteira. Fábricas de armamento e conflictos armados, ben polo control do petróleo ben polo control doutros recursos naturais, rexímenes totalitarios co respaldo de numerosos gobernos chamados democráticos, cambio climático e terras arrebatadas polas transnacionais, desmantelamento das economías locais e aniquilación doutras formas de vida en nome do Progreso tecnocientífico, desarrollismo e explotación salvaxe, presuntas axudas económicas e materiais que se convirten en débeda externa imposíbel de pagar e un longo etcétera.
É deste lado onde quedan os supostos beneficios da economía capitalista globalizada e o estilo de vida consumista que se venden como único modelo de liberdade e felicidade nos medios de comunicación planetarios. Motivo polo que moitas inmigrantes arriscan todo canto teñen.
O que atopan aquí por suposto é máis explotación e persecución. O dereito a moverse libremente por este mundo privatizado, é un dereito exlusivo para os capitais, pero négaselles ás que teñen unha “equivocada” cor de pel, conta bancaria, ou pasaporte…
A menores e supervivintes de matanzas négaselles asilo, persoas que cando a súa explotación deixa de ser necesaria permanecen “máis do debido”, reclaman dereitos… pasan de persoas a ser “ilegais”. Son desechadas, criminalizadas, perseguidas e finalmente cazadas. Para tal efecto non dubidan en empregar a violencia, sufrindo humillacións, abusos (mesmo sexuais), cando non retidas en cárceres especiais, para as que empregan eufemismos como CIE (Centros de Internamento Especiais).
Os gobernos europeos crean organismos tipo Frontex (a axencia responsábel das fronteiras exteriores da UE) e a Organización Internacional para a Inmigración, co obxecto de abaratar custes nestas funcións. Coordenarse mellor para deportar, e para que os gobernos nacionais poidan lavarse as mans cedendo a responsabilidade dos abusos cara estes organismos internacionais. Frontex acadou novos poderes recentemente, desde organizar voos chárteres para deportacións masivas até a compra de tecnoloxía para o control das fronteiras europeas vía satélite…A UE precisa destas forzas merecenarias para “protexer” as súas fronteiras artificiais.
As compañías aéreas son cómplices e un elemento fundamental para a maquinaria das deportacións. Obteñen grandes beneficios permitindo deportacións individuais e masivas nos seu voos. Familias enteiras viaxan alxemadas, drogadas, acompañadas pola policía como se foxen perigosas criminais.
A loita contra as deportacións e a Europa fortaleza non é cousa dunha semana, é unha loita permanente. A xente xógase a vida todos os días tentando pasar as fronteiras europeas,na búsqueda dunha vida “mellor” ou simplemente dunha vida.
NON MÁIS DEPORTACIÓNS!
NON Á EUROPA FORTALEZA!
LIBERDADE DE MOVEMENTOS PARA TODAS!
Asinan: AC Caleidoskopio, Grupo de Axitación Social (GAS) e Oficina de Dereitos Sociais (ODS-Coia)